martes, 27 de septiembre de 2011
Benvidos á Biblioteca do Rato
Ola a tod@s| Xa estamos de volta e desde a biblio queremos invitarvos a toda a comunidade educativa a que veñades por libros. Temos novidades que vos van encantar.
jueves, 30 de junio de 2011
Felices lecturas e felices vacacións
miércoles, 1 de junio de 2011
A insoportable levedade das bebes galegas
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

sábado, 28 de mayo de 2011
Lois Pereiro
No primeiro e segundo ciclos tamén traballamos sobre Lois Pereiro. Velaquí unha escolma dos nosos traballos
martes, 24 de mayo de 2011
lunes, 16 de mayo de 2011
TEATRO
Empezamos a semana das letras galegas asistindo aos XVI Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande. O noso cole participou con dúas obriñas que representaron os nenos e nenas de 2º e 3º ciclos.
A muller e o avogado é o título da peza que representaron os cativ@s do segundo ciclo. Mirade que bos actores!!!
Aínda que tamén nos rimos ben cuns pacientes e un doutor moi especiais: os alumn@s de terceiro ciclo representando a obra A consulta do doutor Torniquete.
lunes, 9 de mayo de 2011
LOIS PEREIRO
Lois Pereiro, o poeta de Monforte de Lemos, é este ano o homenaxeado no día das letras galegas. Na biblioteca do rato estamos a traballar para saber un pouco máis sobre este autor. Nos seguintes enlaces atoparedes máis datos sobre a súa vida e obra:
http://bibliotecash.blogspot.com/2011/05/letras-galegas-o-ano-de-lois-pereiro.html
http://www.dipity.com/biblosvivos/Lois-Pereiro/
Aínda que tamén podedes facer divertidas actividades pinchando aquí

martes, 3 de mayo de 2011
Lecturas de ida y vuelta
O día catro de maio finaliza o prazo para o préstamo que tivemos na nosa biblioteca de "lecturas de ida y vuelta" da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Durante dous meses tod@s puidemos disfrutar coa colección "para saber más y más". A partir do día cinco recibiremos a seguinte colección "Leer a carcajadas" (esperemos que así sexa).Os libros máis vistos/lidos das actuais maletas foron os seguintes:
jueves, 28 de abril de 2011
Día do libro
No cole de Ramirás celebramos este mércores o día do libro. A actividade gustou a grandes e pequenos e consistiu no seguinte: a metade dos nenos (segundo e terceiro ciclos) leulle un conto á outra metade (nenos/as de 1º ciclo e Ed. Infantil). Aproveitando o bo día, a lectura realizouse pola tarde no patio. Cada parella buscou o lugar máis axeitado e todos disfrutamos dunha moi agradable lectura ao aire libre.
Outros divírtense doutra maneira cos libros

Suscribirse a:
Entradas (Atom)