jueves, 10 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Despois de traballar toda a semana sobre o magosto, a súa tradición e despois de recompliar os seus refráns e as súas cantigas celebramos un ano máis o magosto no colexio.
Primeiro asamos as castañas, xantamos, queimamos os medos que redactamos na semana do Samaín e por último xogamos aos xogos típicos desta festividade. Foi unha xornada inesquecible.

http://www.youtube.com/watch?v=KrKLCpAR0Jo

jueves, 3 de noviembre de 2011

A FESTA DO SAMAÍN

O pasado venres 28 de Outubro celebramos a festa do Samaín. Pola mañá lemos contos de bruxas e pantasmas e documentámonos na historia e tradicción do Samaín. Despois vimos unha película e pola tarde disfrazámonos e xogamos aos xogos típicos desta celebración. Velaí vai a proba do ben que o pasamos
http://www.youtube.com/watch?v=_vH5nKaNCP4

jueves, 27 de octubre de 2011

AS CABAZAS DOS NENOS DE RAMIRÁS

Mirade qué cabazas máis xeitosiñas fixemos!

http://www.youtube.com/watch?v=3PoqZhue1a4

Xa recibimos os marcapáxinas do Ceip Sarreaus

Estes son os marcapáxinas que nos enviaron os alumnos do Ceip Sarreaus. Xa non temos escusa para non ler. Moitísimas grazas!

miércoles, 26 de octubre de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das bibliotecas escolares cuns contacontos moi especiais: os propios nenos e nenas. Os máis pequenos representaron para todos nós Garavanciño, de Olalla González, e os máis maiores representáronnos Co dedo no nariz, de Daniela Kulot.
































































viernes, 21 de octubre de 2011

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS CO CEIP SARREAUS


Para facer as nosas lecturas máis emocionantes fixemos un marcapáxinas terroríficos aproveitando a celebración do Samaín. Éstes intercambiarémolos cos alumdos do Ceip Sarreaus. Esperemos que lle gusten. Nos esperamos con emoción os seus.

lunes, 17 de octubre de 2011

CHEGOU O SAMAÍN




Durante estas semanas estamos a preparar todo para a celebración do Samaín.
Estamonos documentando sobre a súa historia e tradicción.
Aquí tendes a proba do nosos traballo. E iso non é todo para a próxima semana faremos unha exposición de cabazas e unha festa.Espero que vos guste!!!

martes, 27 de septiembre de 2011

Benvidos á Biblioteca do Rato

Ola a tod@s| Xa estamos de volta e desde a biblio queremos invitarvos a toda a comunidade educativa a que veñades por libros. Temos novidades que vos van encantar.

jueves, 30 de junio de 2011

Felices lecturas e felices vacacións

Para despedir o curso aí van as recomendacións lectoras para o verán. Desde a biblioteca desexámosvos a tod@s que disfrutedes lendo.





O departamento de orientación tamén vos recomenda: