Despois de moito traballo xa temos aquí o noso xornal escolar FARAGULLAS. Deixamos nel moitos momentos de todo o curso. Botádelle unha ollada e veredes.
domingo, 1 de julio de 2012
jueves, 28 de junio de 2012
jueves, 21 de junio de 2012
Un novo curso rematou e os alumnos e alumnas do 2º grupo de Ed. Primaria fixeron este videoclip recordatorio de todo o ano. Esperamos que vos guste.
Para ver o videoclip fai clic no seguinte enlace: http://www.youtube.com/watch?v=sprFvH_ImNk
Para ver o videoclip fai clic no seguinte enlace: http://www.youtube.com/watch?v=sprFvH_ImNk
miércoles, 30 de mayo de 2012
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O pasado venres, día 25 de maio, tivemos na biblioteca ó contacontos INACIO que coa súa guitarra "encollida" fixo as delicias de grandes e pequenos. Agradecémoslle desde aquí os bos momentos que nos fixo pasar.
contacontos on PhotoPeach
contacontos on PhotoPeach
domingo, 27 de mayo de 2012
FACENDO PAN
Os nenos e nenas do noso cole fixeron unha actividade que lles gustou moito: aprenderon a facer pan. Os monitores da mancomunidade que levaron a cabo dita tarefa ensináronlles todo o proceso da elaboración do pan, desde a sementeira do trigo, a sega, a malla, a moenda...ata a cocción no forno. Plasmaron todo eso nun mural e practicaron amasando cada un o seu pan e cocendo logo no forno da cociña do cole. O resultado foi moi apetitoso.
Facendo pan on PhotoPeach
Facendo pan on PhotoPeach
jueves, 17 de mayo de 2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Entre os diferentes traballos que fixeron os alumnos sobre o autor homenaxeado no día das letras, atópanse unhas actividades do Seminario Galán. Amosamos un exemplo:
LETRAS GALEGAS
Este ano, como xa todos sabedes, o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Na biblioteca traballamos para acercarnos á súa vida e obra. Cada ciclo fixo actividades adecuadas ao seu nivel. Para empezar mostramos este vídeo do CEIP San Xoán de Filgueira, sobre un poema do autor: "Cando ti volvas..."
Este ano, como xa todos sabedes, o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Na biblioteca traballamos para acercarnos á súa vida e obra. Cada ciclo fixo actividades adecuadas ao seu nivel. Para empezar mostramos este vídeo do CEIP San Xoán de Filgueira, sobre un poema do autor: "Cando ti volvas..."
viernes, 4 de mayo de 2012
FELICIDADES MAMÁ!
Estes días estivemos moi atarefados preparando uns agasallos para o día da nai coas súas correspondentes postais de felicitación. Aquí vos deixamos un enlace para que lle botedes un vistazo.
![]() |
![]() |
Tarjeta created with Smilebox |
viernes, 27 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO
Vista previa
Na biblioteca do Rato celebramos o Día do Libro coas seguintes actividades:
_ Contacontos. Aida e máis Lara, dúas nenas do terceiro ciclo de primaria, contáronlles aos seus compañeiros a historia O PAÍS DOS MANDÓNS.
http://www.youtube.com/watch?v=O98iBSmJNZk&feature=relmfu
_Ós alumnos/as do primeiro grupo de primaria gústalles moito dramatizar contos e esta vez a cousa ía de ratos e gatos. Podedes velos no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=clkIU7K3K-8
_E para rematar, unha actividade que lles gusta moito ós cativos: apadriñamentos lectores. Os máis maiores léronlle un conto ós máis pequenos. Como o tempo non axudou e non puidemos saír ó patio para ler, cada parella escolleu o sitio que quixo: o corredor, as escaleiras, unha aula... pois calquera sitio é bo para ler.
Día do Libro on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)