jueves, 27 de septiembre de 2012

BENVIDOS A MIÑA BIBLIOTECA

Ola! Son o rato e en primeiro lugar quero darlle a benvida aos novos alumunos do cole e convidarvos a todos  a que me fagades unha visita pola biblio. Xa sabedes que a miña casa está chea de libros con alfombras voadoras, bruxas encantadas, princesas en busca de príncipes, barcos piratas a piques de zarpar para vivir novas aventuras xuntos e outras moitas historias que están desexando viaxar pola vosa imaxinación. Animádevos a ler todo o que poidades, xa sabedes que ó final de curso aqueles que leades máis seredes recompensados.

Tamén vos anuncio que este ano traballaremos xuntos nun novo proxecto chamado: "Coñecendo o meu concello e o entorno no que vivo". 
Lembrade visitar o blog a miúdo, xa que todos os vosos traballos e novidades serán publicados por aquí.


Un saúdo dende A Biblioteca do Rato.




domingo, 1 de julio de 2012

Xornal escolar FARAGULLAS

Despois de moito traballo xa temos aquí o noso xornal escolar FARAGULLAS. Deixamos nel moitos momentos de todo o curso. Botádelle unha ollada e veredes.



jueves, 28 de junio de 2012

Recomendacións lectoras

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para que no verán non deixedes de ler:




jueves, 21 de junio de 2012

Un novo curso rematou e os alumnos e alumnas do 2º grupo de Ed. Primaria fixeron este videoclip recordatorio de todo o ano. Esperamos que vos guste.
Para ver o videoclip fai clic no seguinte enlace: http://www.youtube.com/watch?v=sprFvH_ImNk

miércoles, 30 de mayo de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O pasado venres, día 25 de maio, tivemos na biblioteca ó contacontos INACIO que coa súa guitarra "encollida" fixo as delicias de grandes e pequenos. Agradecémoslle desde aquí os bos momentos que nos fixo pasar.

  contacontos on PhotoPeach

domingo, 27 de mayo de 2012

FACENDO PAN

Os nenos e nenas do noso cole fixeron unha actividade que lles gustou moito: aprenderon a facer pan. Os monitores da mancomunidade que levaron a cabo dita tarefa ensináronlles todo o proceso da elaboración do pan, desde a sementeira do trigo, a sega, a malla, a moenda...ata a cocción no forno. Plasmaron todo eso nun mural e practicaron amasando cada un o seu pan e cocendo logo no forno da cociña do cole. O resultado foi moi apetitoso.

Facendo pan on PhotoPeach

jueves, 17 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

Entre os diferentes traballos que fixeron os alumnos sobre o autor homenaxeado no día das letras, atópanse unhas actividades do Seminario Galán. Amosamos un exemplo:

LETRAS GALEGAS


Este ano, como xa todos sabedes, o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Na biblioteca  traballamos para acercarnos á súa vida e obra. Cada ciclo fixo actividades adecuadas ao seu nivel. Para empezar mostramos este vídeo do CEIP San Xoán de Filgueira, sobre un poema do autor: "Cando ti volvas..."


viernes, 4 de mayo de 2012

FELICIDADES MAMÁ!

Estes días estivemos moi atarefados preparando uns agasallos para o día da nai coas súas correspondentes postais de felicitación. Aquí vos deixamos un enlace para que lle botedes un vistazo.

Click to play this Smilebox tarjeta
Create your own tarjeta - Powered by Smilebox
Tarjeta created with Smilebox