viernes, 30 de noviembre de 2012
LECTURAS DE NADAL
Papa Noel e os Reis Magos xa chegaron á Biblioteca do Rato e deixaron unha exposición de lecturas de Nadal. Animádevos a ler históricas máxicas e frías de Nadal .
martes, 27 de noviembre de 2012
Recibimos a visita dos Bombeiros
Hoxe día 27 de novembro tivemos unha visita moi especial no cole. Os bombeiros da Mancomunidade de Celanova déronnos unha charla sobre o que debemos facer en caso de incendio. Foi unha charla moi amena na que Bob Esponxa axudado dun libro moi especial nos contou como actuar ante un incendio.
Despois souo a alarma e todos saímos moi ordenadamente ao patio mentres a directora chamaba ao 112 para alertar do incendio que había no cole. Os bombeiros enseguida chegaron cos seus camións, apagaron o lume e rescataron a Teacher que quedara atrapada dentro. Finalmente os bombeiros nos explicaron e nos ensinaron todas as ferramentas que traen nos seus camión e para que serven. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos moito. Dende hoxe moitos queremos ser de maiores bombeiros !
Despois souo a alarma e todos saímos moi ordenadamente ao patio mentres a directora chamaba ao 112 para alertar do incendio que había no cole. Os bombeiros enseguida chegaron cos seus camións, apagaron o lume e rescataron a Teacher que quedara atrapada dentro. Finalmente os bombeiros nos explicaron e nos ensinaron todas as ferramentas que traen nos seus camión e para que serven. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos moito. Dende hoxe moitos queremos ser de maiores bombeiros !
![]() |
![]() |
Another presentación by Smilebox |
miércoles, 14 de noviembre de 2012
MAGOSTO 2012
O martes 13 de novembro celebramos o magosto no colexio e pásamolo moi ben. Comemos empanada, chourizos e castañas asadas na fogata. Despois de comer pintámonos e xogamos aos xogos típicos galegos como o encesta castañas, carreira de sacos e a facer castelos con carozos de millo.
No seguinte enlace podedes ver a celebración da festa:
No seguinte enlace podedes ver a celebración da festa:
![]() |
![]() |
Customize a slideshow design |
jueves, 1 de noviembre de 2012
O SAMAÍN
O 31 de Outubro celebramos o Samaín no colexio e pasámolo de medo. Empezamos a mañá disfrazándonos e vendo unha película. Os máis pequeno viron unha de Mickye e os maiores Casper. Despois os profes tiñan preparado un tunel do terror. Había arañas, esqueletos, bruxas, vampiros botando auga e uns sons arrepiantes. Pasámolo de medo. Continuamos a xornada con un menú de Samaín; crema de cabaza e xelatina con sorpresa. Pola tarde xogamos a uns xogos de Samaín moi divertidos e recibimos os premios das cabazas. Xa estamos deseando que chega o próximo para repetir!
Nos seguintes enlaces podedes botar un ollo.
http://www.youtube.com/watch?v=NsQaVSxlA1M&feature=youtu.be
Nos seguintes enlaces podedes botar un ollo.
![]() |
![]() |
This slideshow customized with Smilebox ENLACE PARA VISUALIZAR O VIDEO EN YOU TUBE: |
domingo, 28 de octubre de 2012
24 de outubro: Día das Bibliotecas escolares
Celebramos o día das bibliotecas escolares cunha presentación de debuxos feitos polos alumnos e alumnas de primaria. Neles reflexaron a súa visión das bibliotecas e os libros.
A Biblioteca e os libros na mente dos nenos/as on PhotoPeach
Logo seguimos con sesión de contacontos (actividade que gusta moito tanto a grandes como a cativos) a cargo da nosa Teacher. Esta vez contounos O SEGREDO DO REI CURRO.
Pinchade no seguinte enlace e poderedes velo
http://www.youtube.com/watch?v=S6NrFnPXVl4
E para terminar nada mellor que un pouco de humor da man de Mr. Bean...nunha biblioteca.
Téndelo no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=yfY1Ki3_SBI
jueves, 25 de octubre de 2012
DESPEDIMOS A MALETA VIAXEIRA DE PAPEL
Durante o mes de Outubro coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas, a librería Kátedra proporcionounos unha maleta chea de libros para que os seguidores da Biblioteca do Rato puideran disfrutar de novas lecturas. A verdade é que foi todo un éxito. Moitas grazas rapaces pola vosa colaboración!
viernes, 5 de octubre de 2012
HALLOWEEN - SAMAÍN
Aquí tendes un avance das actividades propostas para a celebración do Samaín deste ano. Ide buscando cabaza e sacando o disfraz do armario. Novas aventuras nos esperan!
jueves, 4 de octubre de 2012
OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO
Dende a Biblioteca do Rato andamos atarefados preparando actividades para festexar o Samaín. Velaquí tendes unha exposición de lecturas de terror.
Aproveitade este mes para ler e pasalo de medo!
Aproveitade este mes para ler e pasalo de medo!
jueves, 27 de septiembre de 2012
BENVIDOS A MIÑA BIBLIOTECA
Ola! Son o rato e en primeiro lugar quero darlle a benvida aos novos alumunos do cole e convidarvos a todos a que me fagades unha visita pola biblio. Xa sabedes que a miña casa está chea de libros con alfombras voadoras, bruxas encantadas, princesas en busca de príncipes, barcos piratas a piques de zarpar para vivir novas aventuras xuntos e outras moitas historias que están desexando viaxar pola vosa imaxinación. Animádevos a ler todo o que poidades, xa sabedes que ó final de curso aqueles que leades máis seredes recompensados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)