miércoles, 30 de octubre de 2013

A FESTA DE SAMAÍN

Como cada ano no colexio e en especial dende A Biblioteca do Rato festexamos o Samaín. O luns comezamos a decorar a entrada do colexio con cabazas, traballamos na elaboración dun conxuro e documentámonos sobre a orixe desta festa e a súa tradición.
O mércores foi un día moi especial. Empezamos o día co visionado dunha película seguido do recitado dos conxuros e a elaboración dunha apócema e finalmente  gozamos dun arrepiante túnel do terror que cada ano nos gusta máis.
 No seguinte enlace podedes ver que o pasamos de medo!!
 http://www.youtube.com/watch?v=BjIHlbqZdJk&feature=youtu.be

No seguinte enlace podedes botarlle un ollo ós nosos conxuros:

viernes, 25 de octubre de 2013

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA VISITA DE MIGUEL ANGEL ALONSO

Hoxe venres festexamos o día das Bibliotecas Escolares coa visita de Miguel Ángel Alonso. En primeiro lugar Miguel recitounos os poemas do "Cullarapo Croque", algúns deles ao compás da música. Despois plasmamos con debuxos os seus libros "O Cullarapo Croque" e " A nena á que non deixaban ser feliz".
Finalmente rematamos a xornada cunha lectura seguido dun comentario en grupo do libro "A nena á que non deixaban ser feliz" e finalizamos cunha rolda de preguntas.
Pasamos unha divertida xornada de Biblioteca na que unha vez máis deixamos voar a imaxinación e vivimos novas aventuras grazas ós libros.
Moitas grazas Miguel por festexar con nós un día coma este facéndonos, coma á nena, moi felices.

No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow made with Smilebox


Estes son os nosos debuxos do Cullarapo Croque e A Nena.
http://www.youtube.com/watch?v=nzAbQgPCW7c&feature=youtu.be


jueves, 24 de octubre de 2013

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de Outubro animámosvos máis que nunca a pasar pola Biblio e pasar un rato agradable viaxando e compartindo aventuras a través dos mellores amigos do noso Rato; os libros.
Pasade unha boa xornada e lembrade que mañá festexaremos este día coa visita de Miguel Ángel Alonso, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz" e " O Cullarapo Croque".


miércoles, 16 de octubre de 2013

UN SAMAÍN DE CONXUROS



 Durante este mes no colexio e na Biblioteca do Rato non se fala doutra cousa mais que de bruxas, vampiros, morcegos, momias e demais seres mounstruosos. E que no colexio xa se respira o ambiente típico do Samaín. Andamos decorando a entrada e as clases para irnos metendo en ambiente, pero faltan as cabazas!. E un Samaín sen cabazas, non é un Samaín!. Así que, ide buscando unha cabaza e mans á obra. Xa sabedes que podedes utilizar todo o que precisedes: perrucas, teas vellas, dentaduras postizas, elementos da natureza así como toda clase de materiais reciclables. Este ano cada cabaza dos nenos de infantil e primeiro debe vir acompañada dun debuxo sobre o Samaín, mentres que o resto do alumnado deberá elaborar un conxuro para espantar meigas e malos espíritos ou para facer maxia. Xa sabedes, empezade a buscar unha boa cabaza e poñede as cabeciñas a pensar para elaborar un arrepiante conxuro.



Finalmente recordarvos que o mércores día 30 celebraremos o Samaín e para pasalo de medo debes ir pensando no teu disfraz e maquillaxe.

RECURSOS PARA TRABALLAR NO SAMAÍN





 
Como sabemos que vos encanta esta festa, aquí vos deixamos uns enlaces para que podades cantar cancións e investigar sobre o Samaín, a súa orixe e demais costumes
http://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM
http://www.youtube.com/watch?v=Oq4Nn_sG3ek
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

martes, 1 de octubre de 2013

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

A Biblioteca do Rato convídavos a ler lecturas de medo durante este mes de Outubro. Tendes unha exposición no cole dunha selección das mellores lecturas basadas en aventuras de vampiros, bruxas en casas encantadas, zombis, ogros, difuntos e demais seres trepidantes. Ánimo e a pasalo de medo!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

BENVIDOS UN ANO MÁIS Á BIBLIOTECA DO RATO


Ola! Un ano máis dámoslle a benvida aos novos alumunos e aos que sumades un ano máis no cole.  Vos convidamos a todos a visitar a biblio a miúdo. Os veteranos, xa sabedes que a nosa biblio conta cun compañeiro moi especial , o Rato, que fai uns días me contou que lle encanta que os nenos o vaian  visitar e que lean ós seus mellores amigos, os libros.  Animádevos a ler todo o que poidades!. Xa sabedes que ó final de curso aqueles que leades máis seredes recompensados.
Tamén vos anuncio que este ano traballaremos xuntos de novo no proxecto chamado: "Coñezo o meu concello e o entorno no que vivo II", xa que o ano pasado aprendemos e descrubimos que o noso concello ten moitísimas cousas que non sabiamos e que este ano traballaremos máis en profundidade.
Lembrade visitar o blog a miúdo, xa que todos os vosos traballos e novidades serán publicados por aquí.

viernes, 28 de junio de 2013

BOAS VACACIÓNS DE VERÁN

Dende a Biblioteca do Rato despedímonos ata o vindeiro curso. Este ano traballamos moito nun proxecto moi interesante e fixemos moitos traballos que nos axudaron a coñecer mellor o noso concello e o lugar onde vivimos o día a día. O vindeiro curso traballaremos sobre algo similar, pero mentres tanto durante as vacacións non deixedes de vivir aventuras novas deixando voar a imaxinación a través dos mellores amigos do noso Rato, os libros.


REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2012-2013

Despois de moito traballo aquí tendes o xornal escolar deste ano. Recolle todos os momentos e experiencias que vivimos durante todo o curso así como os traballos realizados, saídas, exursións e proxectos presentados a concursos. Botádelle unha ollada.