viernes, 19 de diciembre de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Dende A Biblioteca do Rato facémosvos chegar as recomendacións lectoras para este Nadal.
É tempo de estar en familia, de pasalo ben con seres queridos, de dar e recibir agasallos...... Nalgúns deses coloridos paquetiños podería atoparse algún destes libriños.
Os que aínda non escribístedes a carta aos Reis ou a Papa Noel apurádevos e engadide un contiño na lista.
BO NADAL!!


lunes, 15 de diciembre de 2014

BO NADAL!!

Dende A Biblioteca do Rato desexámosvos un Nadal cheo de momentos felices e que mellor maneira que facelo coas postais que fixeron os alumnos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow design

Aproveitamos para convidarvos a todos ao Festival de Nadal que terá lugar o vindeiro xoves 18 ás 15:00. Esperámosvos!!


 

viernes, 21 de noviembre de 2014

RELATOS DE CIENCIA

O alumnado do segundo grupo participou no concurso "A ciencia que conta". Aquí podedes ler as historias.
Moita sorte rapaces/as!!




jueves, 20 de noviembre de 2014

LECTURAS DE NADAL

Xa tendes á vosa disposición unha selección de lecturas de Nadal para que pasades frías aventuras cos personaxes máis cálidos destas datas tan sinaladas. Animádevos!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow personalized with Smilebox

martes, 18 de noviembre de 2014

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O pasado venres celebramos o magosto no colexio. No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos xogando aos tradicionais xogos populares como o encesta castañas, carreiras de sacos ou a construción de grandes torres con carozos de millo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow created with Smilebox

miércoles, 12 de noviembre de 2014

PEQUENOS CIENTÍFICOS NA BIBLIOTECA DO RATO

Como ben sabedes os seguidores da Biblioteca do Rato, este ano estamos imersos nun proxecto científico e de cando en vez subimos ao laboratorio e experimentamos coa ciencia.
Neste caso experimentamos como un ovo dentro dunha botella con auga salgada resiste a un impacto, simulando o feto no ventre materno.
Para iso fixemos os seguintes pasos:

MATERIAIS

AUGA
OVOS
 SAL
 UNHA BOTELLA DE REFRESCO CORTADA POLA METADE
 CINTA ADHESIVA

PROCESO 1: 

Metemos o ovo na botella e pechámola coa cinta adhesiva. Deixamos caer a bottella ó chan e observamos que o ovo escacha.


PROCESO 2:                                     

Mesturamos o sal coa auga.

Metemos o ovo dentro da auga salgada e vemos que flota. 

Botamos a mestura da auga salgada na botella .
Metemos o ovo dentro da botella e volvemos pechala coa cinta adhesiva

Tiramos a botella ó chan e observamos que o ovo non escacha.

PROBAMOS 






jueves, 30 de octubre de 2014

APÓCEMAS E FESTA DE SAMAÍN

Un ano máis festexamos por todo o alto a festa máis esperada do Ceip Rogelio García Yáñez. Despois de decorar o colexio con todo tipo de motivos de Samaín a guinda final puxérona as cabazas decoradas polos alumnos e máis as súas familias. Son verdadeiras obras de arte!! Noraboa rapaces!!
Este ano, como ben sabedes os que visitades a miúdo o blog, propoñíamos a elaboración de apócemas de Samaín e este foi o resultado das arrepiantes apócemas con noxentos ingredientes que xurdiron da imaxinación dos nosos pequenos



Chegou o 30 de outubro. Un dos días máis esperados de todo o ano, tanto para profesores coma para alumnos. Este ano, invitamos aos nosos veciños e amigos do Ceip San Marcos de Cartelle a que compartiran con nós este terrorífico e arrepiante día de Samaín e a experiencia non puido ser mellor.
Comezamos a xornada co visionado dunha película de medo, seguimos con talleres e xogos de Samaín e por fin chegou o momento máis esperado; o túnel do terror! Xantamos e tivemos un postre moi especial plátanos - pantasma e mandarinas disfrazadas de cabaza. Pola tarde degustamos unha deliciosa apócema de Samaín e recibimos un agasallo moi doce.
No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow design

Relatos de Samaín


viernes, 24 de octubre de 2014

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis, no día de hoxe rendimos homenaxe a nosa Biblioteca.
 Este ano Iago Santos visitou a Biblioteca do Rato e gozamos dunha divertida sesión de contacontos.
Así de ben o pasamos.

jueves, 16 de octubre de 2014

O NOSO COLE NO XORNAL