miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN - HALLOWEEN

Como ben sabedes, o Samaín é a nosa festa por excelencia!! Estamos todo o ano agardando esta festa para decorar o cole, traer as nosas cabazas, disfrazarnos e pasar unha xornada do máis terrorífica!!
Xustamente hoxe foi iso o que aconteceu.
 Chegamos pola mañá todos disfrazados e maquillados para meter moito medo, comezamos o día cunha peli de terror e acto seguido comezaron os xogos, obradoiros de Samaín e o tan ansiado e esperado Túnel do Terror!! Este ano coláronse uns espíritos do máis terroríficos que nos fixeron pasar moitísimo medo !!
Á hora de comer degustamos un suculento menú de Samaín a base de crema de cabaza, ollos sanguentos recheos de masa visceral, momias crocantes, e deliciosos ollos de zombie e nido de sucias arañas!!
Para rematar o día refrescámonos cun delicioso cóctel recén saído dunha pócema arrepiante!!
Así de ben o pasamos e así de terroríficos estabamos todos!!





A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow












lunes, 29 de octubre de 2018

REECEITAS DE SAMAÍN

Este ano a Biblioteca do Rato propuxo elaborar receitas de Samaín.
Cada neno buscou e creou a súa receita de Samaín e todos os traballos quedaron recollidos nun libriño de Receitas.
Algúns pequenos chefs tamén se atreveron a cociñar as receitas e poidémolas degustar no comedor!! Estaban boísimas!! Rapaces non perdades as mañas!!









viernes, 26 de octubre de 2018

SAMAÍN, SAMAÍN.....!!

A nosa festa máis desexada está a piques de chegar e cada recuncho do cole xa está preparado para  a ocasión!!
Lembrade traer as vosas cabaciñas decoradas o vindeiro luns e aproveitade a fin de semana para deseñar o voso disfrace e así o mércores meter moito medo!!

Estades preparados para vivir unha experiencia do máis terrorífica??











miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBBLIOTECAS ESCOLARES

PARABÉNS  Á BIBLIOTECA DO RATO!!

Hoxe 24 de outubro, rendemos homenaxe á nosa biblioteca, ao espazo máis prezado do noso cole, o lugar de onde xorden todas as ideas e posta en práctica das actividades, o lugar máis cheo de coñecementos do cole, o recuncho con mellores recordos que agocha momentos de xogo, de celebración das mellores festas, de momentos de lectura, búsqueda de información e lugar de convivencia e traballo entre todos nós!! Sen lugar a dúbidas este é o noso espazo favorito do cole, un lugar cheíño de maxia!!

Como ben o merecía hoxe gozamos dunha agradable e divertida sesión de contacontos grazas a Adrián e Carla que acudiron á Biblioteca do Rato para contarnos uns contiños do máis divertidos.

Así de ben o pasamos!!











domingo, 21 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro mércores 24 de outubro festexaremos o Día das Bibliotecas Escolares coa visita de Adrián e Carla que nos teñen preparada unha divertida sesión de contacontos.


lunes, 8 de octubre de 2018

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Un ano máis, chegamos ao mes de outubro e con el a chegada do outono e do Samaín, a nosa celebración e festa favorita e máis desexada por todos.
Para ir preparándonos xa tendes á vosa enteira disposición unha selección de libros terríficos para pasalo de medo lendo as aventuras máis arrepiantes!!
Non vola perdades!!





viernes, 28 de septiembre de 2018

BOMBEIROS NA BIBLIOTECA DO RATO

Onte gozamos dunha visita moi especial.
Como noutras ocasións, un equipo de bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, acudiu ao cole para mostrarnos un vídeo e darnos unha charla dos consellos máis importantes a ter en conta no caso de incendio e como efectuar unha evacuación.
Despois de escoitar atentos a información, puxémos en práctica o aprendido. Os bombeiros simularon fume nas aulas e saímos ao exterior moi ben organizados. Xa, no patio, mostráronnos os seus camións cos utensilios e materiais.
Así de ben o pasamos.