A poucas horas de que os Reis Magos visiten as nosas casas, deixámosvos unhas fotos da video- chamada que nos fixeron as maxestades o 21 de decembro.
FELIZ NOITE DE REIS MAGOS!
A poucas horas de que os Reis Magos visiten as nosas casas, deixámosvos unhas fotos da video- chamada que nos fixeron as maxestades o 21 de decembro.
FELIZ NOITE DE REIS MAGOS!
Aquí tedes unhas cantas lecturas que vos recomenda o noso ratiño para este Nadal.
FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!
Premede na imaxe se queredes descubrilas...
Estamos a piques de chegar a esta época tan familiar que tanto nos gusta, e por iso xa tendes a vosa disposición unha selección de lecturas de Nadal. O noso Ratiño invítavos a que o mércores vos pasedes pola exposición e disfrutedes moito destes libros tan fermosos.
Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Nós tamén quixemos dicir NON e para iso, o pasado mércores 25, levamos a cabo unha serie de actividades. Comezamos coa visita de dúas compañeiras da Cruz Vermella, que nos deron unha pequena charla sobre este tema e posterior reflexión. A continuación cada alumn@ deseñou unha camiseta con palabras ou frases contra a violencia de xénero. Por último mostramos as camisetas nun mural para concienciarnos da importancia deste día.
Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.
Este ano a Biblioteca do Rato propuxo crear monstros de Samaín.
Os nenos e nenas crearon o seu propio monstro empregando distintos materiais. Tamén describiron como son e os poderes que teñen.
Todos os traballos quedaron recollidos nun caderno que podedes atopar na Biblioteca.
Mirade que medo dan!!!
Pincha na foto para ver o resultado.
O 20 de novembro é un día moi importante xa que se celebra o Día Universal d@ Nen@ e se conmemoran os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos d@ Nen@(1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos d@ Nen@(1989).
Aquí vos deixamos un pequeno conto sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e un mural feito polos alumnos/as de EI para celebrar este gran día.
Xa está aquí o Samaín!
O venres día 30 de outubro, celebramos a nosa festa por excelencia. Este ano non puidemos disfrutar do noso túnel do terror pero pasamos unha xornada do máis arrepiante.
Chegamos pola mañá disfrazados/as e maquillados/as para meter moito medo. A continuación disfrutamos dunha peli de terror e de actividades moi divertidas de Samaín. Á hora de comer, puidemos degustar un delicioso menú elaborado pola nosa cociñeira Alicia en colaboración de espíritus malignos e de agasallo unha bolsiña de chuches monstruosas. 👻👾
Que rico estaba todo e que ben o pasamos!!
A nosa festa favorita está a piques de chegar, e así de decorado está a noso cole!!
E mirade que cabazas máis terroríficas!