domingo, 14 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O  8 de marzo conmemora o día internacional da muller e, para celebralo, os nenos e nenas do cole quixeron dedicarlle uns corazóns e unhas bonitas palabras as mulleres máis importantes da súa vida.

Aquí tedes unhas fotiños do gran traballo que fixeron.

FELIZ DÍA A TODAS!!




domingo, 14 de febrero de 2021

VIVA O ENTROIDO!!

O pasado venres 12 de febreiro, gozamos dunha bonita festa de entroido. Acudimos ao cole disfrazados daqueles personaxes que máis nos gustan.

Pola mañá decoramos as olas e fixemos un taller de máscaras. 

Á hora do xantar, degustamos un fabuloso menú de entroido composto polo  tradicional cocido e unhas riquísimas orellas. 

Pola tarde non faltou o xogo das olas e moito baile.

Así de ben o pasamos!!





lunes, 8 de febrero de 2021

ENTROIDO

Aquí vos deixamos os mandatos deste ENTROIDO no que nos converteremos en científicos tolos!! 

 



O venres, cada alumno/a poderá vir ao colexio disfrazado co disfrace que máis lle guste, e desfrutaremos desta festa que tanto nos gusta.

Recordade que no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!




domingo, 7 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

O pasado venres, 29 de xaneiro, festexamos o día da PAZ. Durante esa semana preparamos varias actividades nas que se traballaron valores relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA:

- Os/as alumnos/as de EI estiveron buscando unha vacina para achegarnos a paz no mundo. O diálogo, a paciencia, o sorriso, o agarimo, o respecto, a amizade ou o amor, funcionan como unha vacina de gran eficacia contra a violencia. 


- Os/as alumnos/as de EP, elaboraron mensaxes pola paz nunha botella. 




- Todos os nenos e nenas do cole pintaron mandalas de paz, coas que elaboramos este mural tan fermoso.


- Juan, o mestre de música, preparou cos nenos/as dúas cancións que cantamos o día da celebración:

                     - Recital á paz, de Horacio Guarany.

                        



                            - O canciño agarimoso, creada por el.  




       Bicos de rato!!🐭💗

lunes, 4 de enero de 2021

NADAL

A poucas horas de que os Reis Magos visiten as nosas casas, deixámosvos unhas fotos da video- chamada que nos fixeron as maxestades o 21 de decembro. 



FELIZ NOITE DE REIS MAGOS!

miércoles, 23 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL!

Aquí tedes unhas cantas lecturas que vos recomenda o noso ratiño para este Nadal.

FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!

Premede na imaxe se queredes descubrilas...






lunes, 7 de diciembre de 2020

LECTURAS DE NADAL

Estamos a piques de chegar a esta época tan familiar que tanto nos gusta, e por iso xa tendes a vosa disposición unha selección de lecturas de Nadal.  O noso Ratiño invítavos a que o mércores vos pasedes pola exposición e disfrutedes moito destes libros tan fermosos.




NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional  contra a Violencia de Xénero. 



Nós tamén quixemos dicir NON e para iso, o pasado mércores 25, levamos a cabo unha serie de actividades. Comezamos coa visita de dúas compañeiras da Cruz Vermella, que nos deron unha pequena charla sobre este tema e posterior reflexión. A continuación cada alumn@ deseñou unha camiseta con palabras ou frases contra a violencia de xénero. Por último mostramos as camisetas nun mural para concienciarnos da importancia deste día. 

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.



lunes, 23 de noviembre de 2020

MONSTROS DE SAMAÍN

Este ano a Biblioteca do Rato propuxo  crear monstros de Samaín. 

Os nenos e nenas crearon o seu propio monstro empregando distintos materiais. Tamén describiron como son e os poderes que teñen.

Todos os traballos quedaron recollidos nun caderno que podedes atopar na Biblioteca.

Mirade que medo dan!!!

Pincha na foto para ver o resultado.