viernes, 30 de marzo de 2012

ÁRBORES, POEMAS E TEATRO



Na Biblioteca do Rato despedimos o trimestre celebrando tres datas importantes nos últimos días: día da árbore, día da poesía e día do teatro. Entre as actividades para celebrar o día da ábore estaba prevista unha saída para plantar árbores, pero por causas alleas ao cole pospúxose para abril. En canto se celebre colgaremos as fotos. No seu lugar vimos a película "El Bosque Animado" e un documental sobre árbores singulares e monumentais.

http://www.youtube.com/watch?v=BQQyHrE8u30


Os alumnos/as do segundo grupo de primaria puxeron en escena para todos nós a obra titulada "A eclipse de sol". Os máis peques riron un pouco e foi a nosa maneira de celebrar o día do teatro.

http://www.youtube.com/watch?v=JDV8q1YSf0M&context=C48e6fe7ADvjVQa1PpcFM7MgIfslzkBCtRJpP1RxQiX7djox67SnA==


Celebramos o día da Poesía cun recitado de poemas. Tódolos nenos e nenas, dende infantil a 6º de primaria, aprenderon de memoria uns poemas e despois recitáronos para os seus compañeiros. E para rematar tivemos unha conta contos moi especial: a nosa Teacher, que nos deleitou a todos cun conto moi poético: O MAGO GOMA.


video

No hay comentarios: