viernes, 20 de febrero de 2015

ESTE ANO VAI DE CIENCIA

Como ben sabedes, este ano o proxecto no que andamos a traballar vai de ciencias e tanto as exposicións de libros como as mochilas viaxeiras ofrertan libros e enciclopedias deste campo.
Estamos a traballar na elaboración dun caderno de experimentos e de cando en vez poñémonos mans a obra.

Neste caso observamos como unha simple boliña de papel non é capaz de entrar nun botella de plástico.

  MATERIAIS A EMPREGAR.
 Botella de plástico.

Anaco de papel.





PROCEDEMENTO 1
Colocamos a boliña de papel na boca da botella e tentamos soprar.
A boliña non entra na botella, senon que sae disparada.


PROCEDEMENTO 2

 Facemos un buraco na botella e poñemos a boliña na boca da botella.
 Sopramos e agora conseguimos que a boliña entre.

 
 EXPLICACIÓN


Na primeira execución a botella está chea de aire e non hai espazo para acomodar o aire que se lle envía. Así, si entra algo de aire sorteando a botella, o aire interior é expulsado botando fóra a boliña de papel.

Si lle facemos un buraco a botella, conseguiremos que a boliña de papel entre, pois ao mesmo tempo que entra o aire pola boca da botella sae polo buraco e deste xeito a boliña de papel non é expulsada por ningunha forza de aire e consigue entrar na botella.

Deste xeito comprobamos que  botella non está baleira, senón chea de aire.
 

No hay comentarios: