martes, 30 de enero de 2018

30 de XANEIRO, DÍA DA PAZ

Hoxe é un día para lembrar, recordar e practicar a diario. Oxalá non tivera que haber un día apra lembrar a PAZ, porque iso significaría que a loita por un undo xusto e mellor estaría gañada.
No día de hoxe e as semanas pasadas rendimos homenaxe a paquistaní Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz e loitadora nun mundo domininado por homes onde o dereito a educación que ela tanto proclama é negado ás mulleres.
Deste xeito, despois de saber un pouquiño máis sobre a súa vida puxémonos a estudar e repasar as súas frases coas que montamos un mural e elaboramos un libro para a nosa biblio.  Os alumnos de 5º e 6º contáronnos o conto "O lapis máxico de Malala", lemos as súas frases e cantamos e bailamos a canción " O baile da PAZ" de Mamacabra.
Para rematar este gran día saímos ao patio a pintar a PAZ para que xamais nos olvidemos dela e a levemos a práctica todos os días das nosas vidas.
Así pasamos a xornada.

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios: