Onte foi o Día da Árbore e da Poesía e hoxe o Día da Auga, deste modo, estes días recordamos a importancia das árbores e da auga nos nosos bosques, na nosa contorna e nas nosas vidas. Nestes días achegámonos a estas fontes de aire puro tan necesarias para humanidade lendo o libro que nos proporcionou a Deputación de Ourense que leva por título " A invención do Salgueiro en Ourensanía" e traballando desde as aulas a concienciación e importancia do coidado da natureza, dos nosos bosques, das árbores tan importantes para a humanidade e o bo uso da auga no noso planeta.
Hoxe prantamos un salgueiro e un castiñeiro no patio do cole e aproveitamos a fantástica tarde de primavera para facer un apadriñamento lector onde os máis maiores lle leron poemas aos máis pequenos.
Así pasamos a xornada.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
Os alumnos de 1º e 2º decoraron un pequeno poema para facer honra ás árbores. Así lle quedaron
No hay comentarios:
Publicar un comentario