domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN

Samaín, Samaín... chegaches por fin!!!!
O mércores día 30, celebramos a nosa festa por excelencía. Estamos tod@s agardando esta festa para decorar o cole, traer as nosas cabazas, disfrazarnos e pasar unha xornada do máis arrepiante!!
O día comezaba con moitos nervios: Primeiro poñer disfraces e maquillaxes en casa, para vir ao cole e ser os máis terroríficos. Unha vez no centro empezamos cunha peli de terror e acto seguido comezaron os obradoiros de Samaín e a visita ao Túnel da Bruxa. Que medo pasamos este ano!!!!
Despois chegou a hora de repoñer forzas e puidemos degustar un sanguento e delicioso menú de Samaín elaborado pola nosa cociñeira Alicia en colaboración cos espíritos malignos.
Xa pola tarde, lemos adiviñas de medo e tocamos e cantamos unha canción de Samaín coma unha verdadeira orquestra acompañada do seu coro.
🎃Adeus Samaín, soamente quedan 365 días para que volvas vir!!!!🎃

SAMAÍN 2019 by Slidely Slideshow

No hay comentarios: