viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o día da paz no cole. Para festexar esta data tan especial preparamos durante varios días unhas cantas actividades.
  • Fixemos haikus pola paz, que agrupamos para facer un libro que, coma sempre, podedes ver na Biblioteca do Rato.
  • Taller musical: ensaiamos e aprendemos a canción "Xa chegou o día da paz"
  • Taller artístico: elaboración do mural "Construímos a paz" e o mural de Educación Infantil.
  • Onte pola tarde puidemos gozar dunha actividade de contacontos amenizada por de Uxía Morán.
Pasámolo xenial neste día, pero recorda que a PAZ hai que celebrala todos os días do ano.

Bicos do Rato!!!!🐁💋💋💋🐁

















No hay comentarios: