jueves, 13 de febrero de 2020

ENTROIDO

Velaí van os mandatos deste ENTROIDO que vai da PREHISTORIA  e no que nos converteremos en CAVERNÍCOLAS!!
Empezade a deseñar os vosos complementos primitivos para vivir unha aventura prehistórica!!

Recordade que  no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!







viernes, 31 de enero de 2020

HAIKUS POLA PAZ

Aquí vos deixo o noso libro de Haikus da Paz.
fai clic na foto para ver o libro.
Saudiños do Rato!!!
https://drive.google.com/file/d/1i5zqtY7TGu5prktjKmK6Ez9KgLmJKPD-/view?usp=sharing

DÍA DA PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o día da paz no cole. Para festexar esta data tan especial preparamos durante varios días unhas cantas actividades.
  • Fixemos haikus pola paz, que agrupamos para facer un libro que, coma sempre, podedes ver na Biblioteca do Rato.
  • Taller musical: ensaiamos e aprendemos a canción "Xa chegou o día da paz"
  • Taller artístico: elaboración do mural "Construímos a paz" e o mural de Educación Infantil.
  • Onte pola tarde puidemos gozar dunha actividade de contacontos amenizada por de Uxía Morán.
Pasámolo xenial neste día, pero recorda que a PAZ hai que celebrala todos os días do ano.

Bicos do Rato!!!!🐁💋💋💋🐁

















jueves, 23 de enero de 2020

O SUPERPODER DE DESCUBRIR: A PREHISTORIA

Hoxe fixemos a exposición sobre os achados, inventos e descubrimentos que tiveron lugar na prehistoria e que estivemos estudando durante o primeiro trimestre do curso, dentro do noso proxecto anual "O superpoder de descubrir".
Na biblioteca do Rato apareceron auténticos trogloditas. Que medo!!!
Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!!!!
















jueves, 26 de diciembre de 2019

OS BOLECHAS NA BIBLIOTECA DO RATO

O venres 20 de decembro tivemos unha visita moi especial.
Os Bolechas visitaron o noso cole e compartiron unha mañá fantástica e chea de emocións cos nenos e nenas do Rogelio García Yáñez.
Bailamos, cantamos, montamos no seu coche, fixemos mil e unha fotos....foi unha xornada xenial.
Aínda por riba, antes de marchar deixáronnos uns cantos agasallos.
Grazas por vir, amigos Bolechas!!!
Grazas a REBULIR por facer posible este día!!!!