jueves, 5 de marzo de 2015

EXPOCIENCIA RAMIRÁS

Dende a Biblioteca do Rato estamos a organizar unha EXPOCIENCIA que terá lugar no mes de abril.
Animamos a toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnos, antigos mestres e todos aqueles que estean a ler esta notificación,e o desexen,  a expoñer un sinxelo experimento, práctica científica ou algunha curiosidade realacionada coa ciencia.
Todos aqueles interesados, podedes chamar ao colexio para máis información e para concertar día de exposición.
Animádevos a facer da nosa biblioteca un pequeno laboratorio, para que todo o alumnado poida gozar dunha xornada de convivencia e ao mesmo tempo estudar a ciencia dende outro punto de vista.


No hay comentarios: