jueves, 26 de marzo de 2015

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Do 23 ao 27 de marzo celebramos a semana da árbore e da auga.
Foron varias as activiades que levamos a cabo.
- Lectura do libro "A palabra máxica",  proposto pola Deputación de Ourense.
- O día 23 ás 12:00, como en moitos colexios da provincia ourensá, plantamos un acivro que lle puxemos por nome Tuño, como o río que pasa pola nosa localidade.
- O xoves 26, un equipo de axentes de medioambiente acudiron ao colexio a darnos unha charla sobre incendios forestais, extinción e prevención e plantamos dúas cerdeiras no patio do colexio.

No hay comentarios: