martes, 25 de abril de 2017

II XORNADAS DE CONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

Onte luns, inauguramos as "II Xornadas de Contacontos e Exposicións artísticas" na Biblioteca do Rato.
Na xornada de onte, Sandra, de "Xurxemurxe" e antiga alumna do centro preparou para todos nós unha serie de actividades:
- Os alumnos/as de Infantil e 1º e 2º de Primaria traballaron o "feet and hand painting", no que pintaron cos pes, envoltos en papel burbulla, coas mans e os ollos tapados, ao son da música.
- Os alumnos/as de de 3º e 4º de Primaria realizaron un gran "collage" con materiais diversos: teas, goma eva, papeis de todo tipo, pintura ......
- Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, practicaron a técnica de Pollock,pintando con latas furadas, salpicando así pintura de distintas cores.
 Foi unha xornada na que aprendemos moito e o pasamos xenial, unha vez máis, fedellando coa ARTE.
Así de ben os pasaron os nosos ARTISTAS.


1 comentario:

Charo dijo...

Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.